A débeda pública de Galiza continúa a aumentar e está en 11.750 millóns de euros

Representa 19,1% do PIB. Cando en 2009 Feijoo chegou ao goberno da Xunta, esta estaba en torno ao 8,6% do produto interior bruto.

salario soldo cartos diñeiro
photo_camera salario soldo cartos diñeiro

A débeda pública de Galiza aumentou en 1,4% no primeiro trimestre de 2018 a respecto do mesmo período de 2017 e xa está en 11.750 millóns de euros, o que é 540 millóns de euros máis que a finais de 2017. O endebedamento a respecto do Produto interior buto (PIB) é de 19,1%. Cando en 2009 Feijoo chegou ao goberno da Xunta, esta estaba en torno ao 8,6% do produto interior bruto.

A débeda pública de Galiza é 1.000 millóns de euros superior a todo o orzamento da Xunta de Galiza para 2018. Eses orzamentos atinxen os 10.723,9 millóns de euros, 2,4% menos que no ano 2017.

Cando en 2009 Núñez Feijóo chegou á Xunta esta débeda era de menos de 5 mil millóns de euros, 4.859. Nestes anos, pois, disparouse en perto de 7.000 millóns de euros e o seu peso a respecto do PIB aumentou en once puntos.

Comentarios