xoves 27/01/22

A débeda pública de Galiza aumentou en 130% desde que Feijóo chegou á Xunta

Aumentou en 2017 até os 11.210 millóns de euros, 5.000 millóns máis que en 2009.Somos o sétimo territorio do Estado con maior débeda mais o cuarto con menor peso desta en relación ao seu PIB.

 

O diñeiro negro vai en aumento no Estado

A débeda pública de Galiza aumentou en 3,3% durante 2017 e fechou o ano nos 11.210 millóns de euros, o que supón 356 millóns máis que a débeda en 2016. Supón 18,4% do PIB do noso país, dúas décimas menos que no ano anterior.

A débeda pública aumentou en 4.849 millóns de euros desde qye Núñez Feijóo chegou á Xunta de Galiza, en 2009. Un incremento de 130%. Naquela altura, a débeda representaba 8,6% do produto interior bruto (PIB). Agora é 10 puntos superior.

De por parte, a débeda das empresas públicas non incluídas no sector de administracións públicas de Galiza continúa á baixa e fica en 13 millóns ao feche de 2017, o que supón cinco millóns menos que os 18 cos que rematou 2016.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A débeda pública de Galiza aumentou en 130% desde que Feijóo chegou á Xunta
comentarios