A débeda pública de Galiza está no terceiro trimestre en 11.431 millóns de euros, o quer supón que aumentou nun ano en 294 millóns de euros. Equivale a 18,3% do Produto interior bruto (PIB) do noso país.
Esta cifra supón unha baixada de 118 millóns de euros a respecto dos 11.549 millóns de débeda pública no segundo trimestre deste ano.
A débeda pública de Galiza é 1.000 millóns de euros superior a todo o orzamento da Xunta de Galiza para 2018. Eses orzamentos atinxen os 10.723,9 millóns de euros.
Cando en 2009 Núñez Feijóo chegou á Xunta esta débeda era de menos de 5 mil millóns de euros, 4.859. Nestes anos, pois, disparouse en perto de 7.000 millóns de euros e o seu peso a respecto do PIB aumentou en once puntos.