O que está vindo

Cultivos de plástico

Desde fresas e froitos do bosque a castaña ou viño. Somos un país no que se están a dar apostas moi fortes en poñer en andamento modelos de produción intensivos e máis propios doutras latitudes, como o sur e levante español, para extraer o máximo beneficio dunha terra que esas empresas percibían até o de agora como pouco menos que inhóspita.

invernadoiro cultivo

Na Galiza só hai dúas estacións, inverno e a do tren. A brincadeira española perde todo o sentido para as novas xeracións galegas, onde ese típico tópico de choiva, frío e néboa esvae cuns anos (e de maneira moi palpábel nestes dous últimos) onde as mudanzas no clima deixaron pegada, e non pequena. Xa non chove como antes nin vai frío como antes nin hai os temporais de antes. Algo do que non tomaron nota só meteorólogos e vellos do país, senón tamén empresas e compañías foráneas, que deitan os ollos sobre Galiza interesadas nas potencialidades dun territorio como o noso: rico en substrato e terreos, non sobreexplotados por cultivos intensivos, con auga, mais sen aquela intensa pluviosidade de meses consecutivos...

5Hai uns anos púxose en marcha na zona de Begonte, na comarca da Terra Chá, un proxecto de explotación de fresa. Impulsado por unha empresa andaluza que aplicaba o sistema importado dos grandes invernadoiros de Huelva, onde se localizan os mares de plástico onde se fai unha produción intensiva e industrial do recurso. Viñan atraídos pola potencialidade dun chan fértil como o desta bisbarra galega e as posibilidades que abrían as mudanzas no clima. Até non hai tanto, a tradicional chuvia constante da Terra Cha faría imposíbel este tipo de proxectos.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 244, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios