A crise destruíu entre 2008 e 2014 37% da riqueza das familias

A Enquisa financeira das familias publicada polo Banco de España recolle que 1% máis rico acumula 20% da riqueza total do estado español.

salario soldo cartos diñeiro
photo_camera salario soldo cartos diñeiro

A renda mediana das familias do estado español reduciuse un 18% durante a crise, ao pasar de 27.700 euros en 2008 a 22.700 en 2014. Ai mesmo tempo, a riqueza mediana minguou un 37,3%, caendo dos 190.440 euros no inicio da crise a 119.400 en 2014. Son datos da Enquisa financeira das familias que publicou o Banco de España e que reflicte que a renda media das familias ao inicio desta recesión era de 36.100 euros mentres que até 2014 caeu nun 15,8%. A riqueza media dos fogares españois pasou dos 305.700 euros no 2008 aos 245.600 en 2014, co que o retroceso estaría no 19,7%.

 Por idades, o descenso xeneralizado foi máis forte nos mozos (caída de 22,5%) mentres que só viron aumentar a renda mediana os fogares de maiores de 64 anos. No que atinxe á situación laboral, a queda bateu en asalariados (-8,3%), traballadores por conta propia (-11,6%) e inactivos ou parados (-11%).

A enquisa tamén reflicte que 1% máis rico, medido en termos de riqueza neta, tiña 16,87% do total da riqueza de España en 2011 e aumentouno en catro punto porcentuais até 20,23% en 2014.

Comentarios