Crise? Que crise?: Máis millonarios no Estado español que habitantes ten a provincia de Ourense

No Estado español hai 402.000 persoas cun patrimonio superior ao millón de dólares, 47.000 máis que a comezos de 2012. Un aumento do 13% en doce meses. En paralelo, aumentou o desemprego en centos de milleiros de persoas, recortáronse salarios ou conxeláronse pensións. É mentira que a crise afecte a tod@s.

ricos e pobres

Hai actualmente no Estado español 47.000 millonari@s máis que a comezos de 2012. Unha media de 129 novos ricos cada día. Xa son 402.000 as persoas cun patrimonio superior ao millón de euros (740.000 euros). Hai máis ricos, pero ricos-ricos, que, por exemplo, habitantes ten a provincia de Ourense (335.000). Un bo exemplo de que a crise non golpea a tod@s por igual. A algúns nin os roza, todo o contrario.

O número de millonari@s aumentou no Estado español nun 13% entre mediados de 2012 e o primeiro semestre de 2013, segundo recolle un estudo elaborado por Credit Suisse.Esta entidade apunta que o aumento observado no Estado español e outros países da euro-zona explícase pola fortaleza do tipo de cambio do euro fronte o dólar, así como pola suba das bolsas.

Zona

Entre as principais economías mundiais, a cifra de millonarios en EEUU atinxiu os 13,21 millóns (+14,6%), seguido de Francia con 2,21 millóns (+14,9%), Alemaña con 1,73 millóns (+14,6%), Reino Unido con 1,52 millóns (+8,2%), Italia con 1,44 millóns (+9,5%), China con 1,12 millóns (+8,7%), Canadá con 993.000 millonarios (+4,7%), Suecia con 506.000 (+24,6%) e Bélxica con 269.000 millonarios (+16,4%).


 

Comentarios