A creación de empresas redúcese en 68% na Galiza

En maio.
Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre

Galiza rexistrou 109 empresas creadas en maio, o que é 68% menos que as 338 do mesmo mes de 2019, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

A pesar da forte caída interanual, houbo un lixeiro repunte en maio de 13 empresas máis en comparación con abril, nun contexto de impacto do coronavirus.

O capital achegado por estas empresas foi de 11 millóns de euros, o que supón 51% menos interanual. O capital medio subscrito por cada empresa foi de algo máis de 100.000 euros.

Por sectores, 24% pertence á rama do comercio. As seguintes son actividades profesionais (13,8%), industria e enerxía (11,9%) e actividades inmobiliarias e financeiras (10%).

A presenza masculina dos socios segue a ser maioritaria (71%) fronte ás mulleres (29%). Mentres tanto, o70,6% foi creado por un só socio e 26% por dous.

En maio disolvéronse 27 empresas mercantís na Galiza, o que se traduce nunha forte caída fronte ás 104 do ano anterior. En comparación co mes anterior, só foi un menos.

Comentarios