As cotizadas galegas arrincan o ano en positivo

Os valores galegos fechan a primeira xornada do ano en positivo, con Greenalia, Altia e San José lidereando as alzas.
Palacio da Bolsa de Madrid. (Europa Press)
photo_camera Palacio da Bolsa de Madrid. (Europa Press)

Após de rematar o ano con sorte desigual, os valores galegos afrontan o 2020 con enerxías positivas. O primeiro día do exercicio no parqué, as empresas cotizadas galegas lograron fechar a xornada en positivo, coa única excepción de Adolfo Domínguez. Greenalia liderou as alzas, seguida de Altia e San José, que truncou a súa progresión na segunda xornada do ano após figurar na lista de empresas investigadas pola contratación dos servizos do ex comisario José Manuel Villarejo.

Inditex foi un dos valores máis destacados do selectivo Ibex35, aínda que non recuperou a cifra máxica dos 100.000 millóns de euros de capitalización. Euroespes apuntouse un 1,75% de mellora e o resto dos valores do Mercado Alternativo Bursátil (Commcenter, Netex e IFFE) remataron a primeira sesión igual que remataron o ano.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios