Cospedal cobra ao mes máis do que un(nha) 'mileurista' ao ano

A secretaria xeral do Partido Popular e presidenta de Castilla La Mancha cobrou en 2011 máis de 158 mil euros netos segundo a súa declaración a Facenda. A 'popular' fai públicos os seus bens após quitar o soldo @s deputad@s do Parlamento que preside.

Maria Dolores de Cospedal gañou en 2011 vinte veces o salario mínimo. Segundo a súa declaración de bens, feita pública esta segunda feira no Boletón Oficial da comunidade que preside. De acordo coas cifras Cospedal tería percibido perto de 89.000 euros netos como secretaria xeral do Partido Popular, case 32.000 euros por ter sido senadora e 36.082 euros como presidente de Castilla La Mancha.

Os datos publicados, rachan co mantra da austeridade pregoado desde as bancadas da súa formación política e mesmo coas propostas e reformas desenvolvidas por ela propia desde o Parlamento castelán durante esta lexislatura. Neste senso, María Dolores de Cospedar rexistrou unha proposición de lei encamiñada a "quitar o soldo" d@s representantes parlamentares da Cámara manchega á fin de rematar coa "exclusividade" d@s mesm@s e que est@s puidesen, dixo, "combinar a actividade como parlamentares con calquera outra". Porén, Cospedal percibe máis de 3.000 euros ao mes en calidade de presidenta.

Asemade, a declaración de bens reflicte a posesión de tres vivendas en propiedade situadas entre os 150 e 250 metros cadrados.

Comentarios