Un coronel afirma que o exército prepara unha intervención en Catalunya de se convocar a consulta

Amadeo Martínez Inglés dí que a operación ten o nome en clave de 'Estela' e que Rajoy ten coñecemento dos plans elaborados polas altas xerarquías militares para intervir en Catalunya.

“Polo tanto, sen remilgo de ningunha clase, atrévome a dicir que, nos escalóns superiores das Forzas Armadas españolas xa están feitos planos co coñecemento e compracencia total de Mariano Rajoy, para intervir con velocidade, contundencia, nocturnidade e total desprezo polas formas democrática, en Cataluña se chegado outubro deste ano a plana maior do independentismo catalá non volveu atrás na súa proposta para se separar de España e continuar coa súa idea dun referendo a comezos de novembro. O nome en clave provicional da intervención militar Operación Estela”. Así, textualmente, explica o coronel na reserva do exército de Terra español, Amadeo Martínez Inglés, os preparativos militares, segundo informa o medio catalán Nacio Digital, que recolle a carta do coronel. Sempre segundo esta misiva, a operación pasaría por unha intervención militar con estado de excepción incluído e suspensión da autonomía catalá.

O militar español asegura que estes plans son coñecidos polo presidente do goberno e que contan co seu visto bo. 

Alicia Camacho asegura que se suspenderá a autonomía se hai referendo

O contido desta carta á que tivo acceso Nació Digital chega poucas horas despois de que a responsábel do PP catalá, Alicia Sánchez Camacho, afirmase que Rajoy suspendería a autonomía catalá se Artur Mas dá o paso de convocar a consulta.

Nunha entrevista en A3, Camacho afirmou que ao presidente español non lle vai tremer o pulso á hora de aplicar o artigo 155 da Constitución española, que contempla a supresión da autonomía.


 

Comentarios