Corcoesto non cumpre os requisitos para se considerar “proxecto industrial estratéxico”

O Igape considera que non contribúe á expansión significativa do tecido industrial galego e tampouco garante a creación de 250 empregos directos; segundo afirman desde Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños 

Concentración no Hórreo contra a mina de Corcoesto
photo_camera Concentración no Hórreo contra a mina de Corcoesto

Un informe do Instituto Galego de Promoción Económica sinala que o proxecto mineiro de Corcoesto non é estratéxico no sentido definido como tal pola Lei 13/2011 de política industrial de Galiza. Así o sinala a Plataforma pola Deefensa de Corcoesto e Bergantiños.

Segundo este colectivo, este informe do Igape,tamén sinala que, malia ter un investimento superior aos 50 millóns de euros, “non alcanza os 250 postos de traballo directos e non supón a consolidación dos mesmos no futuro, debido ao carácter finito da explotación”.

Varapao

No que se refire á diversificación que o proxecto introduce no sector industrial galego, sinala que aínda que se trata da primeira mina de ouro de Galicia, e por tanto diversifica o sector mineiro galego, non supón unha diversificación apreciable no conxunto do tecido industrial.

Finaliza o Igape indicando que “Tendo en conta todo o anterior, non cumpre todos os requisitos necesarios para a súa declaración como proxecto estratéxico."


 


 

Comentarios