A demanda enerxética reflicte un seguimento amplo da xornada de folga

Os índices de demanda enerxética amosan unha importante redución a respecto dos valores habituais tirados pola Rede eléctrica española. Para alén dun seguimento maior que o de pasadas xornadas de folga, os indicadores poderían continuar diminuíndo ao longo da xornada.

Un dos tradicionais índices de medición do seguimento e participación dunha folga xeral son os indicadores de consumo enerxético. Neste senso o portal dixital Politikon elabora en tempo real, unha medición aproximada do seguimento da xornada a partir dos datos proporcionados pola Rede eléctrica española.

Malia que ao comezo da xornada, as cifras se situaban próximas ás da actividade dunha xornada laboral normal, o certo é que a caída da actividade laboral a primeiras horas da noite --coincidindo coas quendas de traballo que iniciaban a xornada-- apunta cara o promeiro descenso na demanda arredor das 04.00 - 05.00 a.m. Cifras que se manteñen por debaixo do habitual ao longo da mañá. 

Desde Polikon amosan que a demanda real segue a se situar un punto por debaixo das previsións, porén os datos reflicten un seguimento maior que noutras convocatorias (entre un 10%-15% menos demanda), nomeadamente, da Folga xeral convocada o pasado 29 de setembro.

 Hai que lembrar que a convocatoria de Folga se extendeu --para alén do traballo-- ao consumo e coidados, polo que as cifras poderían continuar descendendo ao longo da xornada, a respecto dos valores habituais para a demanda enerxética. 

Comentarios