A conserva galega quere medrar e aposta pola innovación e a internacionalización

O Informe de Conxuntura Socioeconómica correspondente ao cuarto trimestre de 2019 publicado polo Foro Económico de Galiza conta cun significativo artigo de Juan Manuel Vieites, Secretario Xeral de Anfaco-Cecopesca que apunta este bo momento en cifras mais alertando dos retos de futuro.

Conserveira (Anfaco)
photo_camera Conserveira (Anfaco)

O sector galego da industria transformadora de conservas de peixe e marisco semella estar nunha moi boa situación para medrar e consolidarse se as actuais circunstancias internacionais non introducen elementos de distorsión. Desde a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesa) o seu secretario xeral, Juan Manuel Vieites, pensa que a razón disto é a aposta pola internacionalización e a innovación.

As exportacións de conservas de peixe e marisco foron de récord en 2018 nun mercado que ten como principais destinatarios os países de Europa seguidos de Estados Unidos de América e Marrocos.

A incerteza está na situación política internacional en temas como os aranceis impostos por EUA, o Brexit ou as negociacións de acordos comerciais como o posíbel relanzamento das negociacións do Acordo de Libre Comercio con Tailandia.

O artigo íntegro pode consultalo na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios