O Consello de Contas constata "atrasos" no emprego de fondos europeos por parte da Xunta

Alerta dun incremento dos créditos dados de baixa e pide maior colaboración cos concellos.

Francisco Conde, conselleiro de Economía (Parlamento da Galiza).
photo_camera Francisco Conde, conselleiro de Economía (Parlamento da Galiza).

O Consello de Contas constata que continúan producíndose na Galiza atrasos na posta en marcha e execución dos programas operativos con fondos procedentes da Unión Europea, "dando lugar a que se sigan efectuando reasignacións financeiras entre distintos exercicios". Así o recolle o informe de fiscalización dos fondos procedentes da Unión Europea correspondente ao exercicio de 2019, un dos publicados polo organismo este venres. 

O estudo indica que ao longo do exercicio contabilizáronse baixas de crédito por valor de 346,77 millóns.

Ante esta circunstancia, Contas recomenda adoptar "as medidas necesarias" que permitan "mellorar os índices de execución do financiamento europeo", para achegar estes a os cocientes da execución xeral do orzamento da comunidade autónoma. 

O estudo indica que ao longo do exercicio contabilizáronse baixas de crédito por valor de 346,77 millóns. Destas o día 31 de decembro de 2018 contabilízanse baixas por importe de case 173,94 millóns, "xustificándose as mesmas como remanentes de crédito non comprometidos ao 31 de decembro para o seu reprogramación en exercicio posteriores". 

Contas aprecia así un aumento do 35,38% dos créditos dados de baixa o 31 de decembro, "afectando maioritariamente as modalidades de exercicio corrente". 

Fronte a isto, aconsella que o sistema de baixas de créditos sexa substituído "progresivamente" por un sistema que permita realizar as reprogramacións ao longo do exercicio, a medida que os proxectos se van desenvolvendo, "en función da eficacia e das dificultades de xestión".

Concellos 

Por outra banda, entre as entidades e organismos públicos, un total de 210 concellos galegos recibiron pagos por valor de 14,22 millóns en 2019 e "prodúcese así unha diminución respecto ao exercicio anterior tanto no número de beneficiarios (254) e na cantidade percibida (15,73 millóns). 

O Consello de Contas recomenda, ante "a reiterada diminución" nos últimos exercicios na participación total de Galicia e das súas entidades locais no financiamento de proxectos vinculados a fondos europeos, que se articulen nos próximos exercicios por parte da administración autonómica "estratexias colaborativas".

Comentarios