Conselleir@s de NCG embolsaron 1 millón de euros en 2012, un 4,9% máis que no ano anterior

Dese millón percibido polos 9 conselleiros da entidade, tres deles representando o FROB, 577.000 son fixos e 423.000 procedentes de dietas. 

photo_camera [Imaxe: SG]

Os nove conselleiros de NCG Banco gañaron un millón de euros en 2012, o que spón case un 5 por centomáis que en 2011, exercicio no que foron nomeados ao se constituir formalmente a entidade financeira galega.

No que atinxe aos integrantes da alta dirección do banco, estes embolsaron 2,1 millóns de euros, un 25% máis que en 2011. Do millón de euros que recibiron os nove conselleiros desta entidade, 577.000 son de retribución fixa (un 5,5%máis que en 2011), mentres que 423.000 son de dietas (case un 12% de incremento).

Cómpre lembrar que os máximos executivos das entidades nacionalizadas, como é o caso de NCG, teñen limitadas as súas retribucións a 300.000 euros. Os datos veñen de ser feitos públicos pola Comisión Nacional do Mercado de Valores. A dirección da entidade está a desenvolver un ERE que afecta a centos de empregados do banco. 

Hai unhas semanas coñecíase que un total de 636 traballadores de NCG Banco pediron acollerse a algunha das medidas previstas no expediente de regulación de emprego (ERE) na primeira fase da súa aplicación. En concreto, segundo informaron os sindicatos nun comunicado ao equipo, as peticións de prexubilacions "superan amplamente" as 455 establecidas; mentres que 120 persoas solicitaron baixa indemnizada e outras 61 pediron redución de xornada. 

Comentarios