Sánchez Aguión repite como secretario xeral de CC OO en Galiza co 70% dos votos

Era o único candidato que se presentaba para o cargo de máximo dirixente da central. Tamén repite responsabilidades na Comisión Executiva con 10 postos, fronte aos 4 colleitados polo outro aspirante, Eusebio Justo


O que foi secretario xeral de Comisións Obreiras en Galiza, Xosé Antonio Sánchez Aguión, repetirá no cargo ao ser a súa a única candidatura presentada ao congreso que a central sindical realizou nesta sexta feira, convocado baixo o lema Respostas fronte á crise. Obtivo o 70,3% dos votos, 173 en total. Sánchez Aguión venceu tamén nas votacións para a Executiva, ao imporse a opción que presentou por 166 apoios (10 postos) á liderada por Eusebio Justo Santos, que colleitou 59 apoios (4 postos). Cómpre sumar tamén 169 votos en branco e 4 nulos, segundo informou o propio sindicato nun comunicado de imprensa.

Formarán a Comisión executiva, xunto a Sánchez Aguión, Mabel Pérez Simal, Manuel González Ríos, Maica Bouza Seoane, Francisco Carrera Pérez, Adela Poisa Baños, Jesús Castro Baamonde, Ascensión Esteban Ceballos, José Antonio Vilar González, Juan Martínez García, Machús Fernández García, Eusebio Justo Santos, Pilar Seoane Vázquez, Jaime López Golpe e Emilia Lamas Seoane.

Comentarios