As confrarías advirten: o peixe e o marisco seguirán subindo "a medida que se alcance a Noiteboa"

O mes pasado o quilo de nécora estaba a 30 euros.
Centolos na lonxa de Burela, esta mesma semana. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Centolos na lonxa de Burela, esta mesma semana. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

O prezo do peixe e do marisco irá subindo "a medida que se alcance a Noiteboa", segundo as previsións que fai o patrón maior de Burela (Lugo) e presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero.

O patrón non dubida que os custos destes alimentos "serán como todo o Nadal", posto que seguirán con esta tendencia á alza conforme chegue o 24 de decembro, "que é cando se baten os prezos todos os anos".

Xa de cara a fin de ano, augurou que eses valores "baixarán", aínda que todo "vai depender de se temos bo ou mal tempo". "Aquí no norte está a facer bo tempo, o que facilita esa subministración de peixe que, se sobe, non subirá tanto coma se hai mal tempo", estimou o patrón maior de Burela.

Otero puntualizou que o incremento de prezos tamén o marca a ponte da Constitución, a pasada semana, "porque a xente se tira a comprar peixe e marisco".

Sexa como for, aínda que o mes pasado "o quilo de nécora estaba a 30 euros o quilo e o de centolla a 40", augurou que estas cifras se incrementarán ao longo da próxima semana.

Comentarios