Os concursos de acredores crecen en decembro 23% na Galiza

En 2019 iniciáronse 231 procesos concursais, 0,87% máis que o ano anterior.
Xulgado mercantil
photo_camera Xulgados do Mercantil no edificio Proa da Coruña (Arquivo).

Galiza é, xunto cos arquipélagos das Canarias e Balears e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, un dos territorios nos que se incrementaron o número de concursos de acredores no último ano. En concreto, Galiza fechou 2019 con 231 concursos iniciados, 0,87% máis que en 2018, segundo os datos recollidos nun estudo elaborado por Informa D&B.

No conxunto do Estado español rexistráronse preto de 4.500 concursos, o que representa 5% menos que o ano anterior. No que atinxe ao mes de decembro, os concursos disparáronse na Galiza 22,7%, ao pasar dos 22 iniciados no último mes de 2018 aos 27 presentados o pasado mes.

Comentarios