O concesionario Gonzacar logra un novo galardón grazas á satisfacción da clientela

As e os responsábeis desta empresa foron recoñecidos cun novo Chairman's Award. O premio será entregado de forma simbólica nun evento en liña que terá lugar esta quinta feira.

Gonzacar, premio Chairman' s Adward
photo_camera Imaxe de familia de parte do persoal de Gonzacar cun premio Chairman's. (Foto: Cedida)

O grupo Conzacar, concesionario que mantén a única rede da marca Ford no entorno da Coruña, vén de ser recoñecida polo seu bo facer na atención ao público. A empresa recibirá nun evento online o Chairman's Award, un galardón que premia a calidade dos servizos á clientela.

 

Este recoñecemento, que corresponde ao traballo feito o ano pasado, é xa o undécimo que merece Gonzacar.

 

É outorgado por Ford Europa e ten unha grande importancia por recoñecer a calidade dos servizos que presta un concesionario ou unha rede (como neste caso).

 

Se cabe, o valor é máis simbólico porque a multinacional baséase nas opinións das clientas e clientes para elixir ás e aos gañadores.

 

Após este novo recoñecemento, Gonzacar pode presumir de ser o distribuidor de Ford “máis laureado” da Galiza. As súas sedes están na Coruña, Ribeira e Ferrolterra, máis tamén conta cun Ford Store en Compostela.

 

O xerente do grupo, Marcial Castro, afirma que detrás deste éxito hai “unha aposta pola excelencia e o compromiso coa calidade de todos os seus traballadores e traballadoras”.

 

Após 27 anos de traxectoria, esta quinta feira a partir das 12 horas chegará o premio. Ao evento dixital asistirá o presidente de Ford Iberia, é dicir, para España e Portugal, Jesús Alonso.

 

Comentarios