Concentracións contra o saqueo coa folga xeral no horizonte

CIG, CCOO e UGT volveron protagonizar concentracións unitarias en diferentes cidades da Galiza coincidindo co consello de ministr@s

Máis unha vez, CIG, CCOO e UGT volveron protagonizar concentracións unitarias en varias cidades e vilas da Galiza para amosar o rexeitamento ao "saqueo do pobo e ás medidas de recortes en dereitos laborais e sociais que cada sexta aproba o goberno de Rajoy no seu consello de ministr@s. As mobilizacións enmárcanse na liña de actuación conxunta entre estas tres centrais á hora de escenificar a denuncia "contra o saqueo ao pobo para pagar o rescate da banca".

Setembro preséntase como un mes axitado. Non só pola entrada en vigor de medidas como a suba do IVE, con efectos directos e inmediatos nos petos da cidadanía, senón polo comezo do curso escolar (onde serán unha realidade os recortes e tesoiradas aprobadas polos executivos do PP) e polo depauperamento progrsivo de condicións laborais e sociais de amplas capas da cidadanía.

Cómpre lembrar que sobre a mesa de CCOO e UGT está tamén a proposta de convocar unha folga xeral unitaria o vindeiro 26 de setembro. Esta segunda o secretariado confederal da central nacionalista valorou a necesidade de convocar xa unha folga xeral. Unha decisión que entende axeitada perante "o deterioro da situación económica, política e social que, segundo todo indica, seguirá a agravarse, e perante a perspectiva de que mesmo se produza un segundo rescate ao Estado español, que provocaría a imposición de medidas moito máis duras das xa aprobadas".

Comentarios