Concentración en Lugo contra a escravitude salarial e pola dignidade d@s traballador@s e desempregad@s

A protesta é esta terza feira diante do Edificio do catastro. O obxectivo: rexeitar a proposta do Banco de España de contratar a dpersoas no paro con soldos por baixo do salario Mínimo Interprofesional. A mobilización está convocada pola Asemblea de Desempregad@s

Asemblea de desempregad@s de Ferrol
photo_camera Asemblea de desempregad@s de Ferrol

A Asemblea de Desempregad@s de Lugo califica de “absoluta indecencia e propia de auténticos desvergoñados” a proposta do Banco de España. O colectiva denuncia que, máis unha vez, preténdese que  “@s máis febles desta sociedade paguemos esta crise, consecuencia da especulación financeira na que a banca internacional estivo metida nas dúas últimas décadas”.

“O Banco de España permitiu orxías de desfases bancarios e agora pretende que nós paguemos esa festa”

O Banco de España, que permitiu “orxías de desfases contábeis na banca española”, pretende agora que “sexan @s desempregad@s quen lle saquemos as castañas do lume”. Denuncian que os poderes “fácticos” teñan a ousadía de propor que se traballe en condicións de escravitude. “Por que, como se non se pode chamar a traballar por menos de 645,30€ ao mes? e por riba sen respectar as condicións de convenio. Iso si, estas propostas fanas señores que cobran mais de 200.000€ ao ano”, denuncian.

Ademais, a Asemblea de desempregados/as censura as afirmacións de  Esteaban Gózalle Peóns nas que afirmou que que traballar en países da EU non é emigrar. “Até cando imos aturar que desvergoñados como os señores González Pons ou o señor Linde rexan os nosos futuros?”, 

Comentarios