Concellos do PP, reacios a apoiar a veciñanza estafada nas preferentes

Afectad@s polo calote das preferentes en Compostela reuníronse co alcalde, do PP. O rexedor evitou mostrar un apoio institucional aos milleiros de veciñ@s, un denominador común dos gobernos locais en man do PP. En Pontevedra, as plataformas de Marín e da cidade do Lérez pecháronse na casa consistorial para reclamar unha solución perante a caída dos casos que entran á arbitraxe
photo_camera [Imaxes: Zapa Dacosta]

Unha delegación de estafad@s polas preferentes mantivo esta sexta unha xuntanza co alcalde de Compostela, o popular Ángel Currás, reunión que tivo lugar apenas un día despois de que o rexedor impedira que se debatese en pleno unha moción de urxencia do BNG sobre as preferentes e que impedise acceder ás sesión plenaria aos afectados que así o desexaban.

Para alén de ningunear aos e ás estafadas encadeadas nun corredor do Concello e que estiveron sometidos a estricto control policial.

As representantes dos e das afectadas trasladaron a Currás tres peticións concretas: que o Concello esixise á Xunta seguir co procedemento de arbitraxe; que instase ao goberno central a que as quitas se retrasasen até que concluíse a arbitraxe; e unha mostra pública do Concello a prol dos e das veciñas estafadas polo calote das preferentes.

Aliás, tamén lle solicitaron que convocase un pleno extraordinario para abordar o tema das preferentes. Unhas peticións concretas que como resposta non tiveron máis que evasivas. algo común, lembran desde as plataformas de afectad@s, nos gobernos locais en mans do PP. 

Pechad@s tamén no Concello de Pontevedra 

Ataviad@s con bonecos de Inocentes, estafad@s pola comercialización das preferentes de Pontevedra e Marín pecháronse tamén na casa consistorial da cidade do Lérez esta sexta feira. Son pola volta de 400 afectad@s nas dúas localidades, a meirande parte del@s persoas maiores.  Reclaman unha solución para a súa situación perante a baixada de casos que entrar na arbitraxe.

Comentarios