A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural “multifuncional e sustentabel”. Esta entidade achegou sete propostas sete propostas con esta finalidade.
Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles, de maquinaria e vehículos para rematar o ciclo produtivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte, e de vehículos para a loita contra os lumes forestais son algunha desas propostas
Tamén propoñen que se destinen fondos europeos a axudar as comunidades de montes na construción de centros de interpretación da natureza e do patrimonio, á elaboración de unidades didácticas sobre o monte veciñal e as comunidades veciñais ou dotar estas comunidades de infraestruturas necesarias para a creación de un economato comunitario.