martes 11/05/21

Comuneiros piden que parte dos fondos europeos vaian a desenvolver a economía rural

A Organización Galega de comunidades de monte (ORGACCMM) pide que parte dos Next generation sexan empregados para acadar un medio rural “multifuncional e sustentabel”.
 

Paisaxe en Terra de Montes (Nós Diario)
Paisaxe en Terra de Montes (Nós Diario)

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural “multifuncional e sustentabel”. Esta entidade achegou sete propostas sete propostas con esta finalidade.

Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles, de maquinaria e vehículos para rematar o ciclo produtivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte, e de vehículos para a loita contra os lumes forestais son algunha desas propostas

Tamén propoñen que se destinen fondos europeos a axudar as comunidades de montes na construción de centros de interpretación da natureza  e do patrimonio, á elaboración de unidades didácticas sobre o monte  veciñal e as comunidades veciñais ou dotar estas comunidades de infraestruturas necesarias para a creación de un economato comunitario.

comentarios