Competencia expedienta a nove lácteas por pactar imposicións @s gandeir@s


A Comisión Nacional de Competencia vén de incoar expediente sancionador a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia e outras oito compañías por posíbeis conductas acticompetitivas.

A Comisión Nacional de Competencia (CNC) vén de incoar un expediente sancionador contra varias empresas e asociacións do sector da industria láctea por unha posíbel conducta anticompetitiva que consistiría "en intercambios de información e/ou acordos para elo reparto de mercado e a fixación de condicións comerciais, no mercado de aprovisionamento de leite de vaca crú". As empresas fruto deste expediente son a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia,  Lactalis, Puleva, Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), Danone, Leche Pascual, Nestlé, Cooperativa Agrícola y Ganadera del Pirineo e o Gremio de Industrias Lácteas de Cataluña

A orixe das actuacións atópase nas numerosas denuncias e queixas recibidas na CNC, así como nas novas aparecidas na prensa relativas á problemática no sector do leite, "sector que ten sido obxecto de investigación por parte das autoridades de competencia en anteriores ocasións".

Intercambios de información

Estas informacións refírense principalmente a posíbeis prácticas anticompetitivas de diversas empresas lácteas e asociacións de industrias que consistirían en intercambios de información sensíbel sobre clientes, condicións de compra e prezos e na adopción de acordos entre as principais empresas e asociacións de industriais do sector cuxo obxecto sería o reparto de mercado entre elas e a fixación de condicións comerciais comúns e a súa imposición aos e ás gandeiras.

Comentarios