A Comisión Europea esixe novos recortes

Desde Bruxelas advirten ao Goberno e Rajoy de que non vai cumprir co teito de déficit imposto e solicitan “axustes” para conseguilo, o que pode traducirse en perda de servizos sociais.

UE
photo_camera UE

A Comisión Europea ditaminou na súa última reunión que o orzamento do Estado español para 2015 atópase “en risco de incumprimento do obxectivo de déficit pactado coa UE” e pediulle ao Goberno de Rajoy “os axustes extra necesarios para respectar o Pacto de Estabilidade”.

O déficit do Estado situarase o ano que vén no 4,6%, catro décimas por riba do obxectivo do 4,2% pactado con Bruxelas -e á súa vez cos mercados- segundo as previsións de outono da Comisión Europea. Así mesmo, espérase que Madrid volva incumprir en 2016 cun déficit do 3,9% (cando ten que baixar do 3%). Por iso, Europa esixe novos recortes.

"A Comisión invita ás autoridades a tomar medidas para cumprir os obxectivos. Por iso, o Executivo comunitario chama a adoptar as medidas necesarias dentro do procedemento orzamentario nacional para garantir que se axuste ao Pacto de Estabilidade", afirma Bruxelas, nunha carta que marcará a política económica do PP nos próximos meses. 

Comentarios