Colapsan varios supermercados en protesta polo bloqueo do convenio do comercio de alimentación

A acción de protesta reclamaba o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo que remata en xullo e que, coa nova reforma laboral aprobada polo Partido Popular, a partir de entón “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”

Delegad@s sindicais e traballadoras do comercio de alimentación da CIG, CCOO e UGT desenvolveron en Vigo unha nova protesta para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo. A mobilización consistiu en mercar gran cantidade de produtos para devolvelos a continuación, o que provocou largas colas en dous supermercados da cidade.

Dende a federación de Servizos de Vigo da central nacionalista informaron que a iniciativaenmárcase na campaña iniciada  a nivel nacional para presionar á patronal coa fin de desbloquear as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería. A súa secretaria comarcal, Transi Fernández, advirte de que a vixencia destes convenios remata en xullo e que, coa nova reforma laboral aprobada polo Partido Popular, a partir de entón “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”. A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conquistados nos últimos anos.

Comentarios