“Os consumidores poderían atopar na súa tenda queixo de Arzúa producido en Wisconsin, viño do Ribeiro de California,...”

A agricultura galega e europea está seriamente ameazada polo TTIP. Unha advertencia que realizan Amigos da Terra e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, no seu informe sobre o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE.

STOP TTIP

O informe “O TTIP, sementando perdas para o sector agrario”, conclúe que o tratado comercial aumentará enormemente as importacións de produtos de EUA, mentres que os produtores da UE apenas se verán beneficiados polas exportacións. Diagnostica que a contribución da agricultura ao PIB europeo diminuiría un 0.8%. Con todo, a agricultura estadounidense verá aumentada a súa achega nun 1.9%, o que supón un beneficio neto de 4.000 millóns de euros para os intereses estadounidenses.

Segundo este estudo, mentres as exportacións estadounidenses aumentan en practicamente todas as categorías alimentarias,en Europa cae a produción de arroz, trigo, cereais secundarios (como o millo), a froita, as noces, remolacha, bovino, porcino, etc. A supervivencia dalgúns sectores agrarios na súa totalidade está en xogo, como o da carne de vacún.

Denominacións de orixe

No informe tamén se desvela o que entende que é un ataque do tratado contra as denominacións de orixe. As denominacións de orixe son unha figura europea que protexen certos produtos vinculados ao territorio onde se producen, con todo, esta fórmula non se recoñece internacionalmente. “Debido a isto os consumidores poderían atopar na súa tenda habitual queixo de Arzúa producido en Wisconsin, viño do Ribeiro de California, etc”.

Miguel Branco, secretario xeral de COAG afirmaque "o TTIP porque pon en perigo o modelo social e profesional de agricultura da UE e a aposta estratéxica dos nosos agricultores e gandeiros pola calidade, a seguridade alimentaria, o benestar animal e o respecto ao medio ambiente”.

Comentarios