CIG tilda de ''indecencia'' as medidas contra o emprego público e chama á protesta

As federacións de Administración, Ensino e Saúde cualifican as medidas que afectan ao emprego público de "atentado gravísimo" e "indecencia", e chaman @s traballador@s á protesta esta sexta, cadrando co Consello de Ministros

Un "atentado gravísimo", unha "indecencia" e unha "vergoña". Os cualificativos resumen a valoración que a Área Pública do sindicato CIG --as federacións de Ensino, Saúde e Administración-- emitiu en relación ás medidas anunciadas polo Goberno español esta cuarta feira e que afectan ás condicións laborais e salariais d@s empregad@s públic@s.

Após denunciar que Mariano Rajoy está a "favorecer" a destrución de emprego e dos servizos públicos, a central nacionalista chama o persoal do sector a se concentraren diante dos centros de traballo na sexta, cadrando co Consello de Ministros, para amosar "o máis rotundo rexeitamento" a este novo ataque aos dereitos da cidadanía e da clase traballadora.

Un "atentado gravísimo", unha "indecencia" e unha "vergoña". Os cualificativos resumen a valoración que a Área Pública do sindicato CIG emitiu en relación ás medidas anunciadas polo Goberno español esta cuarta feira e que afectan ás condicións laborais e salariais d@s empregad@s públic@s. Após denunciar que Mariano Rajoy está a "favorecer" a destrución de emprego e dos servizos públicos, a central nacionalista chama o persoal do sector a se concentraren diante dos centros de traballo na sexta, cadrando co Consello de Ministros, para amosar "o máis rotundo rexeitamento" a este novo ataque aos dereitos da cidadanía e da clase traballadora.

Cos datos na man, o sindicato alertou de que, coa decisión de suprimir a paga extra de decembro, os salarios no sector público caeron un 20% desde xuño de 2010. Eis aquí algunhas cifras:

  • no grupo E, dependente da Xunta de Galiza, o soldo bruto mensual está nos 548.47€, por debaixo do salario mínimo interprofesional
  • no grupo C1 de persoal administrativo, cobran 720,02€
  • para auxiliares do grupo C2 o soldo está nos 599,25€
  • un ou unha técnica licenciada cobra 1.109,05€
  • un ou unha técnica diplomada percibe 958€, segundo o baremo fixado para o grupo A2

Diante destes números, que sitúan a meirande parte das persoas que traballan no sector público por debaixo do 'mileurismo', para a Área Pública da CIG "é obvio" que a folla de ruta trazada polo Executivo español ten como obxectivo "desmantelar todas as conquistas sociais e laborais no sector público". Para alén da redución de soldos e a eliminación de pagas, Rajoy procura a destrución de empregos, "reducir a administración a cambio da privatización".

Comentarios