CIG reitera, após a reunión coa dirección, que Villar-Mir procura unha "operación especulativa" coas centrais

A dirección do grupo reuniuse en Madrid coa representación social. O pacto de investimentos que publicita Ferroatlántica é de 55 millóns de euros. A venda das centrais reportaríalle 600 millóns

2016-10-18-Cee-AsembleaFerroatlantica1.grande
photo_camera Imaxe dunha asemblea de Ferratlántica.

A dirección de Ferroatlántica reuniuse en Madrid coa representación social. A segunda xuntanza que ten após a realizada o pasado 28 de outubro, cando saltara a nova de que Villar Mir quería vender as centrais hidroeléctricas. Foron dous meses, como teñen recoñecido desde o comité de empresa, de se enterar das novidades pola prensa. Na reunión desta terza feira, e segundo un comunicado dos representantes da CIG presentes na mesma, viviuse un 'déjà vu'. A empresa, afirman, “soltou o discurso do plan industrial co que vén facendo propaganda nos medios de comunicacións dende hai un mes e que, a forza de repetir, pretende que os traballadores acepten”.

Para a central nacionalista, esas propostas publicitadas desde a empresa (a factoría de silicio solar e a planta de carbón vexetal) poñen en cuestión as factorías de Cee e Dumbría e os seus postos de traballo na Costa da Morte. Tamén indican que dos datos achegados pola empresa nesa xuntanza pódese deducir que a venda das centrais hidroeléctricas reportaríalle uns beneficios de entre 500 e 600 millóns de euros. Porén, explica o sindicato, o pacote de investimentos que o grupo anuncia para 2017-21 non superaría os 55 millóns de euros.

“Esta disparidade non pode menos que  confirmar que estamos ante unha operación especulativa por parte do Grupo Villar Mir, para resolver os problemas financeiros das empresas do grupo relacionadas coa construción”, considera a CIG. Para a central, as propostas do grupo máis que un plan industrial son un plan de “reconversión e desmantelamento”. "Calquera proxecto que supoña a creación de postos de traballo é benvido, pero o plan industrial prometido por Ferroatlántica non pode ser sobre a base de vender as centrais hidroeléctricas, que significa[...] na práctica facer deste plan industrial un verdadeiro plan de reconversión e desmantelamento das fábricas

Comentarios