Para a CIG, as novas decisións do Goberno español sobre o naval só fan dificultar a recuperación

A central nacionalista rexeita os créditos brandos á exportación a través do ICO e reitera a necesidade de contar co fondo patrimonial de Pymar

A CIG rexeita as últimas decisións adoptadas polo Goberno español con respecto ao naval pois considera que van repercutir de forma negativa na recuperación do sector. A central sindical nacionalista amósase así contraria “a que se faciliten créditos brandos á exportación a través do ICO e reitera a necesidade de contar co fondo patrimonial de Pymar”

Para a CIG, na situación actual a verdadeira proposta que necesitaría o sector “debería ser a recuperación de Pymar e a dotación de fondos estruturais que ao longo destes anos facilitou a maioría das contratacións actuando como aval e facilitando o financiamento”.

Neste senso, a recuperación do fondo patrimonial de Pymar precisaría “unha cantidade inferior aos 500 millóns de euros, que xa non están contemplados nos orzamentos do Estado, por tanto a verdadeira intención deste Goberno é a liquidación deste instrumento”.

Comentarios