CIG denunciará a cúpula de NCG por "apropiación indebida" e "estafa" en relación coas preferentes

A querela criminal será presentada na Audiencia Nacional española previsibelmente esta mesma semana e denuncia a dirección das extintas caixas de aforro por un suposto delito de "estafa", "publicidade enganosa" e "apropiación indebida" en relación coa fraude das preferentes. 

A Confederación Intersindical Galega (CIG) anunciou esta segunda feira en comparecencia de imprensa que o seu gabinete xurídico presentará unha denuncia perante a Audiencia Nacional española contra a cúpula das extintas caixas de aforro. 

A decisión está relacionada co calote das preferentes e exixe responsabilidades legais aos antigos directores xerais e presidentes de Caixa Galicia e Caixa Nova por un suposto delito de "estafa", "publicidade enganosa", "apropiación indebida" e "maquinación para alterar o prezo das cousas". A querela tamén atinxirá a dirección resultante da fusión de ambas as dúas entidades. 

José Luis Méndez, José Luis Pego, Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso --xunto con outras 79 persoas-- terán de responder pola comercialización de produtos financeiros tóxicos entre @s aforrador@s sen a información debida e en moitas ocasións mesmo sen o seu consentimento. 

Comentarios