CIG critica que Abanca manteña 2 EREs mentres paga 1,6 millóns de euros ao seu conselleiro delegado

A entidade posúe 4.250 traballadores, menos da metade que tiñan as 2 caixas galegas no momento de se fusionar.

Abanca

Abanca fechou 2015 cuns beneficios que superan os 315 millóns de euros. Algo que para a CIG casa mal co feito de que manteña activos 2 expedientes de regulación de emprego (EREs). E, segundo recolle Ser-Coruña, no sindicato nacionalista aínda é máis incomprensíbel que eses EREs sigan sobre a mesa mentres hai elevados salarios a membros do consello da entidade, referíndose en concreto ao conselleiro delegado Francisco Botas, que segundo estas fontes cobraría 1,6 millóns de euros.

A CIG, indica a emisora citando o sindicato, leva sen convenio desde decembro de 2014 e sen cobrar pagas extras, embora a denuncia presentada polos traballadores perante a Audiencia Nacional. Abanca ten 4.250 persoas empregadas. No intre da fusión, as caixas galegas pousían por volta de 10.000 traballadores.

Clodomiro Montero, da CIG-Banca, sinala en declaracións a Ser-Coruña, que empregados de Abanca viron mermadas as súas condicións alegando a mala situación que atravesaba a empresa

Comentarios