A CIG amplía a caixa de resistencia para fortalecer a 'retagarda' económica aos traballadores en loita

O Consello Confederal da central nacionalista aprobou, tamén, conxelar as cotas sindicais por segundo ano consecutivo e impulsar o colectivo que agrupe a mocidade da CIG.

folga metal naval

O Consello Confederal da CIG que decorreu esta fin de semana en Compostela tomou a decisión de non incrementar as cotas sindicais. Unha medida que xa tomaran en 2012 e coa que procuran evitar máis cargas á filiación no marco dunha crise que “se traduce nunha importante perda de poder adquisitivo”.

Mais nesa xuntanza tamén sea probou ampliar a cobertura da caixa de resistencia ao 100% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a partir do quinto día de folga para @s afiliad@s con máis dun ano de antigüidade. Unha medida para garantir a 'retagarda' económica nas loitas sindicais e que o empresariado non poida xogar a baza de facelas fracasar aproveitando a necesidade de ingresos das e dos traballadores que participen nesa loita.

Análise da situación 

O Consello Confederal tamén aprobou, noutra medida, a posta en marcha do colectivo “que agrupe a mocidade da CIG, fixándose en 35 anos a idade máxima para poder participar no mesmo” .

Na xuntanza tamén se debateu e aprobou o informe da Executiva Confederal no que se analiza a situación político-sindical de Galiza e as principais liñas de actuación da CIG nos vindeiros meses. 

Comentarios