EN FOCO

Choiva de millóns para quen xa os ten e a difícil converxencia coa UE

500 euros diñeiro cartos
photo_camera 500 euros diñeiro cartos

1) Choiva de millóns (para quen xa os ten). As empresas do Ibex gañaron 16% máis en 2017. A cifra de negocio das 34 sociedades máis grandes no Estado español ascendeu a máis de 474.170 millóns de euros. Unha cifra equiparábel á totalidade do gasto de todaas as administracións publicas do estado español: estatais, autonómicas e locais. a la totalidad del gasto de todas las Administraciones públicas de España

2) O PIB por habitante en Galiza é 18% inferior á media europea. Cando a crise comezaba xa a deixarse notar con forza (2009), o PIB per cápita de Galiza estaba a 11 puntos da media europea. É dicir, se poñemos que a medida do PIB por cabeza da UE dos 28 era 100, Galiza estaba no 89. Mais comezou un forte proceso de diverxencia que leva a que en 2014 a riqueza per cápita na Galiza sexa o 80% da media europea. A fenda ensanchouse a 20 puntos en apenas un lustro. Se nos fixamos na media do Estado español, na Galiza o noso PIB per cápita estaba entón en 88%, 12 pontos por baixo.

3) UE pacta a equiparación salarial dos traballadores desprazados cos nacionais. Unión Europea acadou na madrugada da quinta feira, un principio de acordo para reforzar a directiva comunitaria sobre os traballadores desprazados. O pacto prevé a equiparación salarial entre os desprazados temporalmente a outro estado [por volta duns 2 millóns] e os locais. O proxecto de directiva fixa un período máximo de desprazamento (12 meses) con posibilidade de prorrogar até 18. Transcorrido este prazo o traballador poderá acollerse á lexislación laboral do país de destino se é máis favorábel que a do seu país de orixe. Iso si, deste pacto están excluídas as subcontratas.

4) Galiza exportou en 2017 por valor de 21.700 millóns de euros. Por segunda vez na historia o noso país exportou por riba dos 20.000 millóns de euros. Representa 8% das exportacións que nese ano fixo o Estado español. Téxtil e automóbil representan gran parte desas vendas ao estranxeiro, ou sexa, Inditex e Citroen.

5) A batalla das pensións. As rúas volveron esta semana a acoller importantes mobilizacións de persoas pensionistas e xubiladas, en Galiza e no Estado español. A oferta do goberno (suba de 0,25%) é a pinga que reborda o vaso de indignación e malestar entre millóns de persoas, que viron nestes anos como as prestacións ficaban cada vez máis exiguas perante ao alza da vida. De media perderon máis de 200 euros de poder adquisitivo en só 12 meses.

Comentarios