A cervexeira Damm faise co control de Pescanova

O empresario catalán Demetrio Carceller faise co control da pesqueira após que o consello de administración aprobase o plan para recapitalizar Pescanova coa inxección de 250 millóns. O 25% do grupo Damm é de Oetker, o xigante alemán do mercados dos conxelados.

Un consorcio formado por Carceller (da cervexeira catalá Damm e segundo accionista de Pescanova) e os fondos Luxempart, KKR e Ergon Capital inxectará nunha operación acordeón 250 millóns de euros para facerse co control do 51% da pesqueira con sede en Chapela. O consello de administración de Pescanova deu luz verde, sen ningún voto en contra, ao plan de Carceller, unha proposta na que mesmo se prevé unha quita sobre a débeda do 80%. Esta foi a folla de ruta elexida polo consello das varias presentadas.

Se se cumpren as previsións, a banca acreedora quedaríanse co 49% da compañía tras capitalizar parte da súa débeda. De levarse a cabo esta conversión en accións, o desconto na súa débeda podería reducirse ata ao 60%.

A xogada xermana?

Desde a Xunta xa cualificaron por boca do conselleiro de Industria que Pescanova pase a un consorcio liderado por unha empresa non galega.

Por outra banda, está ben lembrar que o poderoso grupo xermano do mercado dos conxelados,Oetker ten en Damm unha participación do 25%, sentando no consello de administración do grupo cervexeiro.

Oetker é líder no se país no segmento de comida conxelada (facturados 10.011 millóns de euros en 2011), unha especialidade de Pescanova,e tamén controla, a través de Hamburg Süd, a maior flota navieira de Alemaña” (160 barcos, 4.500 traballadores). 

Comentarios