O cerco denuncia no Tribunal europeo o reparto de cotas por “prexudicar Galiza”

Acerga convida a Xunta a se sumar ao recurso en ben do sector cerqueiro.

Mar pesca barco Mikel arrazola

Acerga presentou un recurso no Tribunal xeral da Unión Europea en Luxemburgo pedindo a anulación do reparto de TAC e de cotas por etender que prexudica “gravemente” a Galiza, unha “rexión europea altamente dependente da pesca”. O recurso vaino presentar a través dun despacho de avogados vigués especializado en dereito pesqueiro internacional.

Os armadores do cerco tenden a man á conselleira do Mar, coa qiue mantiveron fortes descrepancias, paras que a Xunta se sume a este recurso “e demos unha imaxe de unidade entre o sector e a administración”.

O paso que dá Acerga ten lugar días despois da presentación dun informe da Cooperativa de armadores de Vigo na que se afirmou que entre 2008 e 2014 ficaron sen pescar en augas europeas máis dun millón de toneladas de cota. Nese acto, a Xunta adiantou a súa intención de recorrer o reparto.


 

Comentarios