Centos de preferentistas solidarízanse en Tui con dous compañeiros xulgados por desacato

Un axente de Policía acúsaos de desacato. Di dun deles, veciño do Rosal, que lle chamou “gorila” no marco dun protesto convocado por plataformas de afectad@s na cidade tudense

Por volta de 300 persoas, de plataformas de estafad@s polas preferentes procedentes de diferentes comarcas de Galiza, concentráronse na Praza da Inmaculada de Tui. A finalidade, apoiar e solidarizarse con Xulio Vicente, un compañeiro que ía ser xulgado por unha falta de desacato á autoridade. Este preferentista, veciño do Rosal, foi denunciado por un policía por chamarlle “gorila” no marco dun dos protestos convocados por colectivos de estafad@s en Tui. Tamén ía ser xulgado Juan Fernández (en tratamento psiquiátrico, apontan desde as plataformas), tamén denunciado pola Policía Local.

Para estes colectivos, as demandas e denuncias son unha víamáis de intentar conseguir que deixen as reivindicacións. Unha dinámica da que responsabilizan ao Partido Popular. 


 

Comentarios