CCOO e UGT sairon á rúa en defensa doutra política social e económica

"Non cales. Defende os teus dereitos" foi o lema das manifestacións que ambos os dous sindicatos convocaron en cidades e vilas da Galiza

CCOO e UGT convocaron mobilizacións en diferentes cidades e vilas do país para oporse as medidas de austeridade adoptadas polo Gobernoe español, alén de amosar o rexeitamento ao rescate e as consecuencias que este terá para a cidadanía.

Os secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez afirmaron na convocatoria das mobilizacións na Galiza que o rescate ía ter efectos negativos sobre os servizos públicos e a "maioría social deste país", xa que, independentemente do anunciado polo Goberno central, probablemente se lle esixirán a España novos recortes "que afectarán gravemente a Galiza".

Comentarios