CCOO e UGT demandan na rúa apoio para a minaría na Galiza

Máis de 250 persoas secundan as concentracións na Coruña e Ferrol en defensa do plan de carbón
O sector mineiro estase a mobilizar a nivele statal contra as políticas do PP
photo_camera O sector mineiro estase a mobilizar a nivele statal contra as políticas do PP

A Coruña e Ferrol acolleron senllas concentracións, convocadas conxuntamente por CCOO e UGT, para reclamar das administracións públicas un compromiso firme que faga viábel un futuro para a minaría galega. A defensa do plan do carbón e a reactivación das comarcas mineiras da Galiza foron as reivindicacións d@s concentrad@s.

“Os recortes son bestiais porque os cartos reducíronse nun 63%”, Sinalou Francisco Gayoso, responsábel de Industria Extractiva de CCOO na Galiza.

Cómpre lembrar que en torno ao 14 por cento da produción mineira do Estado español proceden da Galiza. O sector xeraba, na altura do 2009, en torno a 9.000 empregos no noso país.

As concentracións en Coruña e Ferrol enmárcanse nas mobilizacións a nivel estatal convocadas por Comisións Obreiras e a UGT. O vindeiro 31 de maio terá lugar en Madrid unha concentración en defensa da minaría.

Comentarios