Catro concellos lucenses únense para promoveren as cooperativas

Lugo, Becerreá, Baralla e o O Corgo estabelecerán unha oficina técnica para promoveren proxectos de cooperativas no ámbito rural, que favorezan a creación de postos de traballo e contribúan a fixar poboación nas aldeas.

Os catro concellos presentáronse conxuntamente a unha convocatoria da Xunta que lles concedeu, para pór en marcha esta iniciativa, unha axuda de 24.000 euros. Con ela contratouse unha persoa para, desde esta oficina técnica, ocuparse de asesorar aos emprendedores e emprendedoras en materia fiscal, axudarlles a deseñar plans de empresas, e conseguir subvencións.

A persoa responsábel da oficina, que permanecerá aberta até o próximo maio no centro de empresas CEI-Nodus do Concello de Lugo, tamén se desprazará aos municipios que participaren nesta iniciativa e, concretamente, ás parroquias rurais, para divulgar as vantaxes de montar unha cooperativa.

Comentarios