Case medio milleiro de explotacións leiteiras tiveron que fechar nestes doce meses

Unha de cada dúas granxas de leite que desaparecen no Estado é galega.

 

sectordoleite

Non para o fechamento de explotacións leiteiras en Galiza, un proceso que continúa como unha pingueira, aos poucos mais sen cesar. No que vai de ano, entre xaneiro e setembro, desapareceron no noso país case 280 granxas de leite, a un ritmo dunha ao día. Nos últimos doce meses o número elevouse a 475, o que supón 56% de todas as que fecharon no conxunto do Estado español.

Segundo o Fondo de Garantía Agraria, o prezo medio ao que se lle pagou o litro de leite ao gandeiro galego foi en setembro de 30,8 céntimos, mentres que en setembro de 2017 era de 31,1. Prezo inferior ao que se paga de media no Estado español, onde o produtor recibe en setembro deste ano unha media de 31,7 céntimos por litro.

En marzo de 2015 entraba en vigor a fin de cota láctea. Había daquela en Galiza 9.500 explotacións leiteiras e os anuncios e promesas institucionais auguraban que a liberalización do mercado ía provocar maior competitividade e, xa que logo, un aumento dos prezos que se pagaban aos produtores polo leite.

Comentarios