Case 31.000 millóns de euros menos en créditos en Galiza

A deputada nacionalista Noa presas denuncia a forte caída do crédito dende o ano 2009

salario soldo cartos diñeiro

Galiza aforra mais ese aforro non reverte moitas veces no país e emigra para fornecer créditos noutros territorios do Estado. Un papel que non é novo mais que se intensificou durante a crise, como vén de poñer en evidencia o BNG. A deputada nacionalista Noa Presas instou esta sexta feira a Xunta a impulsar un plan para “analizar a desviación do aforro galego” e activar medidas destinadas “á súa recuperación e dirixilo aos sectores “.

O crédito en Galiza está a experimentar unha intensa caída que Presas cifrou en 30.983 euros dende o ano 2009. O noso país, explicou, conta cunha das peores relacións entre créditos e depósitos do Estado. Así, dixo, Galiza é, canda Estremadura, territorio onde o peso do crédito en función do seu peso poboacional sobre o conxunto do Estado é menor . No outro extremo, Madrid ten un  peso do seu crédito no Estado que  duplica (2,09) o da súa poboación.

“14% da poboación do Estado, posúe máis da cuarta parte do crédito do Estado, 29,2%. Galiza experimentou a  peor evolución do crédito do Estado dende o 2009”, criticou a deputada. 

Comentarios