As cotas d@s traballador@s para a súa formación serven para financiar a Xunta as súas políticas de emprego

 
CIG denuncia a irregular distribución de fondos da Convocatoria de formación contínua

CIG  vai impugnar a proposta para a Convocatoria da Formación contínua 2012 polo que entende unha "irregular distribución de fondos". Dita distribución, feita pola Consellaría de Traballo, a xuizo da central nacionalista "viola os criterios finalistas que os regulan", pois pretenden utilizar as cotas de formación profesional dos traballador@s e empresariado "para financiar as políticas do actual goberno", alén de estrañarse polos criterios polos que se van dirixir "18 millóns de euros desas cotas a programas de empresa e se van deixar de investir 2 millóns de euros en formación contínua".

Fondos

Dos 81,5 millóns de euros destinados ao noso país, a Xunta atribúe 54,5 millóns a programas para desempregad@s, 8 millóns a programas para activos e 18 millóns a Escolas Obradoiro. Alén diso, dos 8 millóns encadrados na formación para traballador@s en activo, propón investir só 6 millóns no ano 2012, asegurando que hai xa 2 millóns comprometidos do ano anterior.

A CIG aposta porque se redistribuan os fondos de formación con destino íntegro a programas de formación para o emprego, xa que eses recursos "en exclusiva, das cotas de traballado@s e empresariado a este fin, ao non ter achegado o goberno un só euro".

Manuel Anxo García Torres, secretario confederal de Formación, denuncia a “perversa utilización da fraude e do engano político” como vía de actuación social e o “cuestionábel desvío de fondos finalistas de formación para o emprego, detraídos das nóminas das traballadoras e traballadores e empresariado para actividades múltiples que non retornan aos colectivos aos que se lles practicaron os descontos, en forma de acción de cualificación e recualificación profesional”.

Comentarios