Campaña contra as “ameazas” e “denuncias” das distribuidoras aos gandeiros das tractoradas

'Defender os produtores galegos non é delito' é o lema da iniciativa impulsada por Unións Agrarias perante as accións xudiciais impulsadas por supermercados como DIA.

Tractores (Foto: Nós Diario).

Esta semana ponse en marcha desde o propio sector produtor unha campaña de denuncia contra aquelas distribudiras que están a impulsar unha “política de ameazas e denuncias xudiciais contra gandeiros galegos”, en palabras de Unións Agrarias. O lema da campaña é 'Defender os produtores galegos non é delito' e decorrerá a través dun calendario de mobilizacións para as vindeiras semanas.

Segundo sinala UUAA, nestes días estanse a recibir notificacións do departamento xurídico da cadea DIA na que se lles informa de que van iniciar accións nos xulgados” contra aqueles produtores que bloquearon con tractores o centro loxístico Mercagalicia no marco das protestas e mobilizacións por un prezo xusto para o leite.

“Este intento de criminalización dun dereito constitucional como é o da manifestación, que ademais foi exercido cumprindo coa legalidade, pois foi comunicada a Sub-delegación do Goberno, e non houbo ningún incidente”, indican desde esta organización.

Comentarios