A calidade de vida empeorou na Galiza en 2020

Racha con cinco anos consecutivos de suba.
Xente na rúa durante o estado de alarma. (Imaxe: Beatriz Ciscar / Europa Press).
photo_camera Xente na rúa durante o estado de alarma. (Imaxe: Beatriz Ciscar / Europa Press).

A calidade de vida empeorou en Galiza en 2020 en comparación con 2019, segundo a estatística experimental que publica esta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE), que se basea nun total de nove dimensións -que agrupan 55 indicadores-.

Este Indicador Multidimensional de Calidade de Vida ( IMCV) rexistra que Galiza baixou a 100,370 puntos en función das diferentes variábeis, menos que os 100,450 puntos do anterior ano.

Atópase por baixo da media española

Ademais, atópase por baixo da media española (101,71 puntos), que tamén sofre un retroceso fronte aos 102,06 puntos de 2019.

Deste modo, racha con cinco anos consecutivos de suba na Galiza, entre 2015 e 2019. A última caída neste indicador produciuse en 2014.

Obsérvase unha diminución na calidade de indicadores en Galiza como condicións materiais de vida, saúde ou medio ambiente.

Así, obsérvase unha diminución na calidade de indicadores en Galiza como condicións materiais de vida, saúde ou medio ambiente. En cambio, soben traballo e educación.

Comentarios