Cales son os concellos galegos con máis ricos por habitante?

Eis a lista cos 10 concellos da Galiza que contan cun PIB máis elevado por habitante.
Mapa da Galiza por comarcas e concellos (Foto: Nós Diario).
photo_camera Mapa da Galiza por comarcas e concellos (Foto: Nós Diario).

O Produto Interior Bruto (PIB) por habitante na Galiza muda de maneira sustancial de concello a concello.

Aquí a lista cos concellos da Galiza cun PIB máis elevado per cápita en 2020, é dicir, con máis 'ricos' por habitante segundo os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

1- Muras (88.338 euros por habitante).

2- Carballeda de Valdeorras (84.201 euros por habitante).

3- Vilariño de Conso (67.904 euros por habitante).

4- San Cibrao das Viñas (63.175 euros por habitante).

5- Arteixo (61.671 euros por habitante).

6- As Somozas (58.016 euros por habitante).

7- Manzaneda (57.723 euros por habitante).

8- O Porriño (21.145 euros por habitante).

9- Nogueira de Ramuín (45.232 euros por habitante).

10- Padrón (41.670 euros por habitante).

As sete cidades

As sete grandes cidades galegas concentraron 44,7% PIB da Galiza en 2020.

Á cabeza encóntrase Vigo, cun PIB de 7.759 millóns de euros, seguida da Coruña, con 6.786 millóns.

A terceira foi Santiago de Compostela, con 3.593 millóns. Seguírona Ourense con 2.300 millóns e a continuación Lugo, Pontevedra e Ferrol.

Por comarcas

A comarca da Coruña foi a principal da Galiza en termos de PIB, con 11.306 millóns de euros, o que representou 19,3% do total. A de Vigo tivo un PIB de 10.709 millóns, que representou 18,2%.

As seguintes comarcas en orde de magnitude foron as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan 65,3% do PIB galego e en todas o nivel de actividade reduciuse con respecto a 2018. Fóra das comarcas cuxa cabeceira é un dos sete grandes concellos galegos, destacan O Salnés, O Morrazo e Barbanza.

A suma destas tres representa 7,5% do PIB. Ademais, O Sar presenta un PIB por habitante de 28.291 euros, case o dobre da media. A comarca da Coruña rexistra a segunda cifra de PIB por habitante con máis de 28.024 euros.

As de Santiago e Terra de Trives sitúanse en terceiro e cuarto lugar, mentres a comarca de Vigo é a quinta cun PIB por habitante de 25.772 euros.

A Paradanta, Terra de Celanova, Muros e O Condado están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior a 60% da media do conxunto da Galiza.

Comentarios