Caixabank quer fechar 34 das súas oficinas en Galiza, onde 40% dos concellos teñen unha ou ningunha sucursal bancaria

Prevé o despedimento de 65 persoas no marco do seu plan de ‘reestruturación’. Entre 2008 e 2018 en Galiza botaron o feche 936 oficinas bancarias, 37% do total das existentes.

caixabank

Caixabank prevé fechar 34 sucursais en Galiza e despedir 65 traballadores e traballadoras no marco do seu Plan Estratéxico2019.2020. En base a este proxecto, a entidade financeira propón un ERE para 2.157 personas, máis de 7% do seu cadro de persoal.

Estas medidas anunciadas por Caixabank choven sobre mollado no mapa financeiro galego. Entre 2008 e 2018 en Galiza botaron o feche 936 oficinas bancarias, 37% do total das existentes. Unha política das entidades financeiras que deixa corenta concellos galegos sen ningunha oficina para atender os seus case veciños e veciñas. En 81 municipios hai unha única entidade. Así pois, 40% dos concellos galegos teñen ningunha ou una oficina bancaria, o que supón que os e as clientes fican sen alternativa no seu propio municipio para ter outra forma de consumo ou actividade bancaria.

As persoas en situación de exclusión financeira aumentaron en Galiza en 49% nesta década

Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión financeira aumentou en Galiza en 49%, 15 puntos por riba da media española, que é de 34%. Son datos dun estudo realizado por Joaquín Maudos, Catedrático de Análise Económica na Universitat de València. Un traballo no que cifra en 43 os concellos galegos onde non hai sucursais nin oficinas bancarias, unha situación na que se atopan máis de 61.000 galegos e galegas.

Comentarios