Caída en emprego e facturación do sector galego da automoción

O número de postos de traballo directos caeu nun 4% en 2014, de 19.000 a 18.150, segundo dados do Cluster.

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).
photo_camera industria, factoría, cadea de montaxe

O sector galego da automoción pechou o 2014 cun descenso en facturación do 2,8% a respecto de 2013 e cunha queda no emprego do 4%, segundo os dados facilitados polo Cluster da automoción de Galiza (Ceaga), integrado por 106 empresas. Este sector achega o 12% do emprego industrial directo de Galiza.

En 2014 este sector moveu 7.600 millóns de euros e despediuse do ano con 18.150 postos de traballo directos, case 900 menos que a comezos. Así pois, e de media, dous empregos menos cada día. O 73% da súa facturación procede das exportacións, sendo os principais mercados Europa e América.

Comentarios