domingo 27/09/20

Cae na Galiza a creación de empresas 17,1% en xuño

Alcanzaron as 237 empresas que supuxeron unha subscrición de 11,98 millóns de euros.
Parque empresarial A Grela (A Agrela)
Parque empresarial A Grela (A Agrela)

O número de novas sociedades mercantís descendeu un 17,1% en xuño na Galiza respecto ao mesmo mes de 2019, até alcanzar as 237 empresas, mais aumentou 65,73% en relación con maio, segundo os datos que publicou onte Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, as disolucións durante o sexto mes do ano, marcado pola crise sanitaria da Covid-19, situáronse en 50, un 26,5% menos que en igual período do exercicio anterior. Delas 41 foron voluntarias, unha fusión e oito disolucións doutro tipo. Ademais, as 237 sociedades mercantís constituídas na Galiza supuxeron a subscrición de 11,98 millóns de euros e o desembolso dunha cantidade algo inferior (case 11,94 millóns).

comentarios